Rexeitamento á deriva militarista das institucións do Estado español e da Unión Europea

Segunda resolución do plenario de sindicatos da Confederación Sindical Solidariedade Obreira

Solidariedade Obreira mostra o seu total rexeitamento á deriva militarista das institucións do Estado español e da Unión Europea porque só pódennos levar a un desastre cada vez maior.

Os problemas reais a que nos enfrontamos como especie humana no planeta, non se resolven con guerras e saqueos.

O pasar 6 dos 9 limites planetarios debe levarnos a tomar medidas de decrecemento planificado para vivir mellor con menos e respectar os equilibrios para manter a biodiversidade necesaria para a vida.

Lonxe diso, os gobernos e institucións internacionais están a apostar polo fascismo, por manter a opulencia, consumo e malgasto duns poucos sobre a miseria da maioría. E para iso apostan por suprimir os servizos públicos (sanidade, educación, coidados, transporte…) para aumentar o gasto militar con vistas a saquear as materias primas necesarias para manter o nivel de vida dos que máis teñen, á conta do sometemento pola forza de grandes partes do planeta.

Donal Trump actúa como amo do mundo e ordenou que os países da OTAN aumenten o seu gasto en defensa ao 5% do PIB. A Unión Europea lonxe de facer fronte a semellante barbaridade, empeza a pregarse aos seus desexos, e iso aínda antes de que as extremas dereitas nacionais cheguen aos diferentes gobernos europeos, salvo en Italia. Ningún goberno expuxo sacar ao seu país da OTAN. Ningún goberno expón alternativa real algunha. Terá́ que ser a Clase Obreira, como sempre, a que impoña sentido común ante tanta tolemia desenfreada.

En Solidariedade Obreira dicimos alto e claro que non imos permitir que se siga recortando orzamento en gasto social nin en servizos públicos, para seguir declarando guerras e masacrando pobos e territorios como sucede en Palestina, Sudán, Congo, Iemen…

Esiximos o desinvestimento inmediato no gasto militar (saída da OTAN) e nas grandes infraestruturas (aeroportos e portos) e que eses recursos sexan destinados a partidas sociais e a crear con urxencia un sistema público de transporte ferroviario que cubra toda a península, para a distribución de mercadorías e viaxeiros, que poida ser alternativo ao actual sistema de autovías para camións e coches que non ten futuro algún co próximo fin das enerxías fósiles (petróleo, gas e carbón)

Solidariedade Obreira como organización sindical, chama ao resto de sindicatos e organizacións sociais a facer fronte común polo decrecemento, única saída ás crises climática e enerxética nas que nos atopamos.

Barcelona, 22 de febreiro de 2025

PLENARIO DE SINDICATOS DA CONFEDERACIÓN SINDICAL DE SOLIDARIEDADE OBREIRA