Que é a soli?

SOLIDARIEDADE OBREIRA é unha organización sindical inspirada no antiautoritarismo, é dicir, somos un ente anarcosindicalista que asegura a participación real das persoas nos seus propios asuntos laborais e sociais.

O noso principio é a autonomía. Somos as propias persoas afiliadas quen soporta, coas cotas, o financiamento do Sindicato, pois por decisión propia, non recibimos subvencións. Non consentimos calquera tipo de dependencia política, económica ou institucional. Naturalmente, o noso funcionamento é a democracia directa sen intermediarios.

Non nos consideramos especiais, pero si cremos que debemos dar mostras inequívocas de independencia e fiabilidade no noso compromiso. Partimos da experiencia acumulada, da vontade de loitar; e situámonos con claridade ante os problemas e con firmeza nas nosas actuacións.

Queremos mobilizar á clase obreira para cambiar o mundo, para acabar co capitalismo, sistema inxusto, depredador e dilapidador de recursos materiais e humanos. Chamamos a loitar por mellorar as condicións de traballo e conquistas sociais; compartindo un proxecto sindical que queremos que sexa de todas as persoas.

Non prometemos. Comprometémonos.

Só superando ou tentando facer esforzos para superar as contradicións en que nos mergulla o sistema, poderemos ser útiles, e por conseguinte facilitar o camiño á transformación social.