A OTAN é unha organización criminal multinacional inventada polas élites mundiais capitalistas e por interese dos EEUU. Nos quere vender a falsa idea de que necesitamos seguridade perante un ataque de … Rusia, China, Oriente Medio…? A OTAN é como os vendedores de alarmas e cámaras de seguridade fronte a idea dos okupas que nos mostran os medios de comunicación.
Seguimos dicindo ‘Non a OTAN’ por seguir coas políticas coloniais, como por exemplo a intervención en África. Por manter escudos antimisiles co desembolso monetario que iso significa. Por seguir exercendo violências contra as poboacións historicamente oprimidas como as comunidades do sul global. Porque a aposta da OTAN é convertir a vida nun negocio.
Dicimos ‘Non a OTAN’ por ser a maior amenaza para a paz, como se ven demostrando dende Iugoslavia, Irak… A OTAN so xera desestabilización, destrucción e retocesos nos dereitos sociais e humanos nas zonas nas que interven.
Esiximos aos gobernos da Europa que se centren nas vías diplomáticas e rechazamos o envío de armas a Ucraína para poñer fin a guerra tras a invasión rusa. Seguimos insistindo no berro máis necesario que nunca do NON Á GUERRA.
Dicimos ‘Non á OTAN’, por seguir impulsando a fábrica da guerra como negocio de armas, vidas, recursos naturais… que ademais convirte aos exércitos nun perigo medioambietal: emisións de CO2 por combustibles fósiles, restos tóxicos que deixan as guerras para a poboación e os seus ecosistemas e biodiversidade. Esiximos que se presente un informe público sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro dos exércitos da UE. Sabemos que se preparan para apropiarse das últimas fontes de petróleo e de gas para afrontar o colapso enerxético, voltando a exercer o colonialismo máis salvaxe.
Dicimos ‘Non á OTAN’ porque lle dicimos si á vida, á xustiza social. Pedimos o desmantelamento e reconversión da industria armamentística e que se destinen estes recursos á vivenda, comida, traballo digno, sistema de protección social e servizos públicos de calidade.
Animamos a participar das mobilizacións contra a OTAN que terán lugar na Galiza esta semana.
*A ilustración é de Carlos Latuff


