5 Mortos na mina de Cerredo, 4 feridos, 2 bombeiros en Alcorcón onte, outro traballador morto tras o incendio do supermercado onde traballaba en Girona. Isto no que levamos de abril, e van 3 días… No mes de marzo a historia do terrorismo patronal é igual.
Traballar mata, traballar enferma, traballar non dignifica… a outres coas súas lerias, iso é o que nós di a patronal coas súas barrigas cheas e as súas contas bancarias empachadas, mentres, nós sufrimos o capitalismo máis salvaxe nos nosos corpos e nas nosas mentes.
7 crimes laborais na Galiza dende que comezou o 2025, so contando ás que morren mentres traballan, porque cantas padecen enfermidades, que acaban coas súas vidas?
Segundo o ministerio de traballo son 1.179.202 accidentes laborais no estado español no 2024, deles 796 foron mortais, o que supón un incremento do 10,4% respecto ao ano 2023. Así leva pasando nos últimos anos, a mortalidade e os “accidentes” non paran de medrar. Até cando a precariedade nos nosos postos de traballo?
No camiño de rematar co traballo asalariado dun sistema asasino, haberá que meter man á lexislación e ao artigo da lei 31/1995 de Prevención de riscos laborais, que como podemos observar sirve de ben pouco. Onde están as sancións de Inspección as empresas? Deben estar coas sancións a Israel de copas por aí. A saúde mental é a eterna esquecida, xa sabemos ben que non é depresión, é estrés e capitalismo.
Enviamos dende Solidariedade Obreira o noso máis sentido pésame a todas as amigas e familiares das persoas que falecen a man dun traballo precario e asasino. Fondas apertas a quen sufre o terrorismo patronal e as súas consecuencias.
“Tede en conta, traballadores, que sodes os únicos produtores de riqueza. Casas, pazos, vías férreas, barcos, fábricas, campos de cultivo, todo, absolutamente todo está feito polas vosas mans creativas e aínda vos falta de todo. Tecedes as teas e andades case espidos; Colledes o gran e apenas tedes unha codia miserable para levar ás vosas familias; construídes casas e pazos e vivides en chozas e faiados…”
Ricardo Flores Magón, 1910
ABAIXO O TRABALLO!! SE TRABALLAR MATA, MORTE AO TRABALLO!!! QUE TRABALLEN OS RICOS!!


