II Soliversario

II Soliverario

🎂 Dous anos de Solidariedade Obreira 🎂
🎂 Dous anos tecendo comunidade 🎂


Fai dous anos puxemos a andar este proxecto coa convicción de que a solidariedade non se predica: practícase, organízase e constrúese colectivamente.

Apostamos por organizarnos dende abaixo, sen xerarquías, construíndo alternativas comunitarias e combatendo un sistema que nos quere illadas, divididas e competindo entre nós. Porque fronte ao individualismo e á explotación organizarnos é un acto de resistencia e a solidariedade, é unha ferramenta de transformación.

A historia amósanos que os dereitos non se regalan: conquístanse loitando, nas rúas, nos centros de traballo e nos barrios, coa acción directa, a organización e a loita de clases.

E porque tamén precisamos atoparnos, celebrarnos e coller forzas para seguir avanzando, para continuar tecendo comunidade e facendo da solidariedade unha práctica cotiá.

Non queremos conformarnos co mundo tal e como é. Queremos transformalo.


⚫🔴 Agardámosvos ! ! ! 🔴⚫