Folga Xeral 11 de Novembro de 2026

Á CLASE TRABALLADORA: CHAMAMENTO Á FOLGA XERAL O 11 DE NOVEMBRO!

Para a clase obreira do Estado a situación é insostible.

Mentres nós madrugamos, producimos e sostemos o Estado, unha minoría de parásitos fórrase esnaquizando as nosas vidas. Vivimos unha asfixia planificada onde os salarios non dan para vivir mentres o prezo da vivenda e da vida non paran de subir. Quérennos sumises, empobrecides e calades, pero acabouse a paciencia.

Mentres os nosos barrios afúndense na miseria e os servizos —a nosa sanidade, a nosa educación, os nosos transportes— están cada vez máis precarios, desmantelados e privatizados, vemos con rabia como o diñeiro público desvíase sen pudor cara ao aumento dos orzamentos en defensa e gasto militar. Hai diñeiro para a guerra, pero non para as nosas vidas. Xa abonda!

A raíz da nosa ruína ten nomes e apelidos. As reformas laborais de 2010 e 2012 significaron unha caída en picado dos nosos dereitos, deixándonos desprotexidos. Sumado á especulación salvaxe da vivenda, o resultado é a miseria estrutural da clase obreira.

Por todo iso, este 11 de novembro paramos as fábricas, as oficinas, os transportes, os comercios e as escolas.

Esiximos de forma inmediata:

  • Vivienda digna e ligada ao salario: Rebaixa drástica e inmediata dos alugueiros e do prezo da vivenda, establecendo topes reais e permanentes. Expropiación total aos grandes posuidores e fondos voitre, e a entrega inmediata de todas as vivendas da Sareb para alugueiros sociais. A vivenda é un dereito, non o seu negocio.
  • Salarios dignos: Subida drástica do Salario Mínimo Interprofesional e de todos os salarios en consecuencia para recuperar o poder adquisitivo roubado.
  • Servizos públicos 100% blindados: Fortalecemento real da sanidade, educación e servizos sociais, prohibindo por lei a entrada de empresas privadas que se lucran coas nosas necesidades básicas.
  • Derrogación das reformas laborais de 2010 e 2012: Recuperar os dereitos colectivos e individuais que nos arrebataron para acabar coa precariedade laboral.

ISTO SÓ ACABA DE EMPEZAR

Que o teñan moi claro os gobernos, os empresarios, os fondos voitre e os especuladores: desde o día seguinte á Folga Xeral estaremos a esperar medidas valentes.

Non nos importa quen estea no poder nin os resultados das próximas eleccións; non imos entrar a valorar os seus xogos políticos. Que escoiten ben: ou melloran as condicións de vida da clase traballadora ou espéralles un inferno político e social.

Conquistamos as rúas e volverémolo a facer. Non daremos nin un paso atrás ata que se satisfagan todas e cada unha das nosas reivindicacións. As rúas son nosas. Que ninguén esqueza as imaxes de dignidade e rabia vividas estes días, porque ante o máis mínimo ataque ou intento de ignorar a nosa forza, esas imaxes volverán repetirse multiplicadas.

SOBRE O ASASINATO DE MARICARMEN

A especulación e o roubo da vivenda causa mortes, a última a de MariCarmen, soa nun hospital tras desafiuzala da súa casa onde viviu 70 anos.

O 11 DE NOVEMBRO, FOLGA XERAL!

Á RÚA, CLASE TRABALLADORA, ESTUDANTADO E PENSIONISTAS! A POR ELES!

,