O pasado día 06 de Outubro de 2024, un grupo de persoas estábanse a manifestar diante dun coñecido establecemento de comida-lixo cando a policía realizou unha carga e detivo a cinco delas. O seu delito: denunciar o xenocidio do pobo palestino.
Tras seren trasladadas ás dependencias policiais, un nutrido grupo de persoas solidarias concentrouse diante da porta da comisaria, pedindo e agradando pola súa liberación. A resposta das forzas policiais foi volver cargar e deter a outras catro persoas máis.
Hoxe, tras catro meses de angustia e incerteza, atópanse ás portas dun novo xuízo farsa por parte do Estado e o Capital. A policía acusa ás compañeiras de agredir e lesionar aos policías que as detiñan a porrazos. A capacidade do estado para darlle a volta a realidade dos feitos nunca deixara de sorprendernos.
Sabemos de sobra que a súa intención é a de asustar e castigar a todas as persoas que loitan pola liberdade e a dignidade. Pero tamén sabemos que non van poder con elas.
Dende Solidariedade Obreira queremos expresar todo o noso apoio ás persoas detidas. Unha aperta e ánimo compañeirxs!!!!
NOVE DETIDAS CERO EXPLICACIÓNS!!!
NOVE DETIDAS ABSOLUCIÓN!!!


