15 de outubro , folga xeral contra o xenocidio

Desde Solidariedade Obreira queremos anunciar publicamente o noso apoio á proposta da CUT de convocar unha folga xeral en Galiza o 15 de outubro en resposta ao xenocidio que o pobo palestino está a sufrir por parte do Estado de Israel coa complicidade das potencias occidentais.

O ano pasado, o 27 de setembro de 2024, Solidariedade Obreira e a Confederción Xeral do Traballo CGT, convocamos folga xeral e este ano seguimos a pensar o mesmo e a clase traballadora galega non pode permanecer indiferente diante dun crime contra a humanidade que se comete diante dos nosos ollos.

A solidariedade internacionalista é unha obriga: hoxe Palestina é o lugar onde se decide se aceptamos a barbarie ou se levantamos a voz pola xustiza e a dignidade dos pobos.

Chamamos ao conxunto de sindicatos, organizacións políticas, sociais e culturais, movementos estudantís e colectivos populares a que se sumen a esta convocatoria. Só cunha resposta unitaria, firme e masiva poderemos facer escoitar en Galiza un berro contundente:Instamos tamén a todas as persoas traballadoras, precarias, desempregadas, ás clases populares a mobilizarse con decisión na loita contra a opresión e o exterminio doutros pobos.

En Palestina, como en Galiza, a dignidade non se negocia.

Folga xeral en solidariedade con Palestina! Non ao xenocidio, non á complicidade dos gobernos, non á barbarie!

Viva a solidariedade internacionalista.

,