10 de marzo fascismo nunca máis

Este 10 de Marzo, a clase obreira galega como no 1972 ficamos en pé fronte ao fascismo neoliberal e o capitalismo máis belicista. Seguimos nas rúas loitando contra o espolio da nosa terra por parte das megaminerías e os eólicos, berrando contra o xenocidio do pobo palestino, cun feminismo que comeza a rescatar para a historia do noso pobo as loitas das mulleres no 1972 ou no 1918,… Porque dende esas a clase obreira galega sabemos que cando temos fame e nos quitan todo, tamén nos quitan o medo, e contra a fame, a que temos e a que virá se seguimos con os dicursos belicistas, co saqueo dos nosos recursos, coa privatización dos servizos públicos, nós imos seguir pelexando contra o poder e os seus lacaios. 

Voltan os tempos grises inda que enfrente vistan de azul. A clase obreira galega leva anos de emigración forzosa, cun rural, a nosa terra e o mar, os o nosos bens máis prezados, castigados a subsistir dende há decadas coa invasión dos eucaliptos, coa precariedade das políticas españolas e europeas que son migallas pra nós, coa chegada do capitalismo verde e os eólicos,a chegada de macroempresas como surexport que non só esquilman a terra senon que son escravistas. Que será do nós se seguimos perdendo as nosas sinais de identidade, se perdemos a terra, o mar, a lingua…? 

O sindicalismo obreiro ten que saír das dinámicas viciadas das últimas décadas, espallarse máis alá da fábrica, o sindicalismo ten que adaptarse as novas implatancións capitalistas: teletraballo, traballos lixo como uber, glovo… Contra o turismo masificado que precariza os nosos traballos, que convirte as cidades nun parque temático e a busca da vivenda no tren dos horrores, sometendo á escravitude moderna a todas nós e cebándose coa poboación migrante e racializada. Seguir defendendo sen tregua os servizos públicos gratuítos e universais, e a todas as persoas que neles traballan. Por dotar de dereitos laborais as persoas discas e deixar de premiar a trampa das empresas inclusivas. Loitar por dereitos para todes, indiferentemente da súa procendencia, orientación sexual, xénero, tamaño…

Porque queremos que haxa un futuro para todas, que derrogue non só as leis de estranxeiría, senon as fronteiras, que fronte a unha sociedade militarizada na que campa o discurso fascista e individualizante, saibamos facerlles fronte loitando cóbado con cóbado nas rúas, nos centros de traballo, nas asociacións veciñais… Recuperemos e avancemos fronte ao fascismo, antes de que a historia se repita. 

e seguir repetindo como mantra: 

Otan nom! Guerra non! Altri non! Ence non! Reforma laboral non! Privatización do público non!

Polas que foron  asasinadas e silenciadas polo fascismo e o capital, 

A clase obreira galega seguimos en pé a berrar fascismo nunca máis!!!